domingo, 28 de septiembre de 2008

Vídeos sobre a Web 2.0

Vídeo que ilustra algunhas das aportacións da Web 2.0

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Vídeo: Google

Vídeo sobre unha das empresas que máis están influíndo na sociedade da información.


www.Tu.tv

Vídeo: Do telegrama aos blogs

Parece mentira a velocidade coa que cambian os medios de comunicación entre as persoas


www.Tu.tv

Vídeo: Educación sen fronteiras

Interesante vídeo sobre a aplicación das novas tecnoloxías na educación.


www.Tu.tv

domingo, 21 de septiembre de 2008

Programa das TICs

O programa que imos seguir este curso será o seguinte:

ESQUEMA DO CURSO.

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

1ª Avaliación.

1.Introducción ás tics

a.As grandes achegas das TIC
b.Terminoloxía
c.Circunstancias que limitan a expansión das TIC
d.Probable evolución das TIC
e.Internet e a sociedade en rede.
f.Algunhas problemáticas asociadas ás tic na sociedade da información
g.Novos retos das TIC

2.Almacenamento da información.

a.Organización da información en carpetas.
b.Disco duro interno.
c.Discos ópticos: CDrom, DVD.
d.Discos duros externos.
e.Memoria flash: PenDrive e Tarxetas de memoria.
f.Traballo: Gardar no pendrive os enlaces ás páxinas do traballo do seguinte tema, e o contido das máis interesantes para o noso traballo.

3.Obtención de información en Internet.

a.A Web 2.0
b.Buscador Google
c.Búsqueda de noticias. Medios de comunicación.
d.Búsqueda de Blogs.
e.Búsqueda de libros.
f.Búsqueda en Wikipedia
g.Traballo: Buscar información en Internet sobre por exemplo: a historia da Informática, a historia de Internet, a Web 2.0 ou outro tema relacionado coas Tecnoloxías da Información.



4. Comunicación da información a través de correo electrónico.

a. Abrir unha conta de correo en Gmail e en Hotmail.
b. Uso dunha conta de correo.
c. Adxuntar documentos a un correo.
d. Traballo: Crear un grupo de correo co grupo da clase e enviarlle un resume da información atopada en Internet

5. Publicación dun Blog.

a. Crear un Blog en Blogger e en Windows Live
b. Manter o blog sobre un tema.
c. Enlazar webs, e insertar imaxes e vídeos no blog.
d. Traballo: Creación dun blog persoal, comunicación do blog aos demais compañeiros da clase e suscribirse ao blog de cada un deles.

6. Tratamento dixital da imaxe.

a. Realización de fotos con cámara dixital ou teléfono móbil.
b. Utilizar Microsoft Photo Editor para retocar e modificar fotos.
c. Crear un álbum dixital con Picasa ou Flickr.
d. Traballo: Crea un álbum dixital e comunícallo aos compañeiros.

2ª Avaliación.

7. Procesador de texto.

a. Coñecer as principais posibilidades do procesador e empregalas na elaboración de traballos.
b. Traballo con táboas
c. Traballo con imaxes
d. Dar formato ao texto.
e. Ortografía e gramática.
f. Combinar correspondencia.
g. Editor de ecuacións.
h. Ferramentas de debuxo.
i. Creación de índices
j. Traballo: Realizar o traballo do tema 1 utilizando o procesador de textos. Comunica dito traballo ao resto dos compañeiros.

8. Folla de cálculo.

a. Utilizar a folla de cálculo na representación de gráficas.
b. Utilizar a folla de cálculo na realización de problemas.
c. Traballo: Realiza unha folla de cálculo para resolver problemas de outra asignatura, con utilización de gráficos. Envíalla a cada un dos compañeiros.

9. Base de datos.

a. Crear unha base de datos.
b. Realizar consultas coa base de datos.
c. Elaborar informes a partir dunha base de datos.
d. Traballo: Realizar unha base de datos “Inventario de libros de discos que posúo” Enviar a base aos compañeiros.

3ª Avaliación.

10. Presentacións dixitais.

a. Crear unha presentación.
b. Introducir imaxes nas presentacións.
c. Introducir diferentes transicións na presentación.
d. Automatizar unha presentación.
e. Traballo: Facer unha exposición en clase cunha presentación, a través dun canón.

11. Páxina web.

a. Crear unha páxina web.
b. Abrir un dominio gratuíto en Internet.
c. Subir a páxina a ese dominio.
d. Traballo: Crear unha páxina, subila a Internet e comunicarlla aos compañeiros.

12. Elaboración e publicación de vídeo dixital.

a. Crear e editar un vídeo dixital.
b. Crear un canal en YouTube
c. Subir vídeos ao canal de YouTube
d. Traballo: Crear un canal en YouTube, comunicarllo aos compañeiros e subscribirse a ditos canais e comentar e valorar os vídeos.

13. Aspectos éticos e de seguridade da Sociedade da Información.