
Por onde empezar? Haberá que pensar nun esquema de titorial que teña sobre 10 apartados, máis ou menos.
Comezaremos a desenvolver ditos apartados usando imaxes que capturamos da pantalla e recortamos co GIMP.
Podemos inspirarnos entre a morea de titoriais que temos en internet, pero lembra que o obxectivo non é facer un titorial excelente, o obxectivo é saber usar e aproveitar as potencialidades do procesador Writer.
En clase vos irei ensinando paseniño aspectos interesantes deste procesador.
E xa sabes que como máis se aprende é usando as ferramentas informáticas, non teñas medo de probar novas cousas e de usar a axuda do programa. Sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario